PROGRAMACIÓN CULTURAL 28 OUTUBRO 2017

PROGRAMACIÓN CULTURAL 28 OUTUBRO 2017

Concerto singular

Píscore. RGTA

Teatro Pastor Díaz

18,00 horas

Teatro / Musical. Duración 60 min

Público: todas as idades

Autor : Piscore. Dirección : Fran Rei

Elenco artístico: Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal  e Pablo Cabanelas

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e disfrutar a público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar