Talía Teatro Ubu Rei

Talía Teatro Ubu Rei

Talía Teatro Ubu Rei

Sábado 3:  Talía Teatro. Úbu rei..RTGA

Lugar: TPD

Hora: 20,30

Clasificación: Teatro / Comedia

Duración75 min

Público: Adultos

Autor: Alfred Jarry

Dirección: Roberto Salgueiro

Adaptación: Roberto Salgueiro

Escenografía: Roberto Salgueiro

Deseño son-Deseño iluminación: Roberto Salgueiro

Vestiario: Roberto Salgueiro

Elenco artístico:Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto, Marta Lado

Texto promocional:

 

Pai Ubu, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo.

Ubu Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano.

A súa relevancia radica no desconcerto que provoca, e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo.

O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubu, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.

Nesta versión, Roberto Salgueiro ve indispensable conservar o carácter metateatral do texto, así como traballar sobre as dúas ideas centrais do mesmo: poder e sexo.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar