CIM

CIM

CIM Viveiro

O Centro de Información á Muller é un departamento de carácter permanente que ten como finalidade previr e loitar contra a desigualdade existente entre mulleres e homes, procurando un maior acceso á información que posibilite a integración da muller en todos os ámbitos da nosa sociedade, e tendo sempre como principios de actuación o anonimato da identidade das usuarias, respecto á súa vontade, gratuidade e principio de confidencialidade.

Os obxectivos que se pretenden acadar con este servizo son os de facer posible a incorporación da muller a todos os ámbitos da vida: política, económica, cultural, social e laboral, fomentar a relación e colaboración entre as asociacións de mulleres, promover a coordinación cos centros educativos, servizos xurídicos, sanitarios e sociais, para acadar a igualdade real e efectiva e a non discriminación entre homes e mulleres.

OBXECTIVOS:

     Xerais

  • Difusión e sensibilización acerca do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
  • Promoción de actividades e encontros para a integración social, cultural, laboral, etc., da muller
  • Fomento da información, coñecemento e exercicio das accións en defensa da muller

 

Específicos

  • Información e asesoramento xurídico, nos seguintes sectores: familia, civil, penal, administrativo, laboral, xustiza gratuita...
  • Orientación psicolóxica: asesoramento e terapia
  • Orientación profesional e animación do emprego: recursos dispoñibles, axudas, cursos de formación...
  • Promoción do asociacionismo e información sobre recursos sociais
  • Información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades
  • Traballo da educación en igualdade, en colaboración con colexios e institutos
  • Atención tutelada e urxente dirixida a mulleres vítimas da violencia de xénero (información sobre presentación da denuncia, información sobre a posibilidade de solicitar orde de protección, canalización das demandas sanitarias, xurídicas e sociais en coordinación con outros servizos)
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.

CONMEMORACIÓNS

Día Internacional da Muller ( 8 de marzo)

Día Internacional contra a Violencia de Xénero ( 25 de novembro)

Asistencia a congresos e cursos de formación destinados ao persoal do CIM

Promoción de actividades

  • De fomento asociativo e comunitario (apoio técnico a asociacións de mulleres ou con área de muller, obradoiros, cursos de formación, encontros...)
  • De información e asesoramento xeral na área de muller (xornadas, exposicións...
  • De seguimento e avaliación de:
    • Plan de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Viveiro
    • Protocolo Municipal de coordianción, cooperación, prevención e sensibilización contra a violencia de xénero.

POBOACIÓN DESTINATARIA E ÁMBITO XEOGRÁFICO DE INFLUENCIA

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro, aínda que centra a súa actuación no asesoramento e intervención coas mulleres, abarca unha poboación destinataria máis ampla, xa que as actuacións de sensibilización, prevención, educación e fomento da igualdade de oportunidades diríxense aos diferentes grupos de idade e sexo da pobación.

Aínda que a súa ubicación atópase no concello de Viveiro, o ámbito xeográfico de influencia é aberto a calquera posible usuaria demandante do servizo. Os concellos limítrofes recorren ao CIM en maior número debido á súa proximidade. Así mesmo, este CIM tenta coordinarse e fomentar a participación desta poboación veciña na realización de actividades e eventos.

RÉXIME DE FUNCIONAMENTO

O Centro de Información á Muller de Viveiro permanece aberto ó público durante todo o ano, de maneira ininterrompida desde o ano 2001.

O Centro de Información á Muller de Viveiro atópase integrado no Centro de Servizos Sociais do Concello de Viveiro, ubicado na zona céntrica do núcleo urbano.

O horario de traballo do Centro de Información á Muller de Viveiro é de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas.

O Centro de Información á Muller de Viveiro conta cos seguintes recursos humanos:

Directora-avogada: Licenciada en Dereito, con formación en temas relacionados co principio de igualdade de oportunidades e experiencia profesional.

Atención ao público: en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

Psicóloga: Licenciada Psicoloxía, con formación en temas relacionados con igualdade de oportunidades e experiencia profesional.

Atención ao público: en horario de luns, mércores e venres de 10:00 a 13:00 h.


Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar