galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Situación
Historia
Percorrido
Rutas Sendeirismo
Outras Rutas
Festas
Gastronomía
Praias
Porto Deportivo
Parques e Xardíns
Covas e Grutas
Depósitos Arqueolóxicos
Cruceiros
Galería de Imaxes
Fotografías 360º

Praia de Covas
A praia de Viveiro, propiamente dita, atópase ó fondo do estuario viveirense, sendo a máis célebre, importante e concorrida do municipio e, posiblemente, do Cantábrico galego.

Praia única na costa lucense, segura de fina e branda area, con case dous quilómetros de lonxitude e oscilando de anchura entre 150 e 30 m segundo a marea.

Paralelo discorre un fermoso e amplo paseo marítimo con elementos artísticos e coidados xardíns que a unen coa cidade de Viveiro e a zona residencial de Covas, así como coa praia de Seiramar (pequena praia, continuación do areal de Covas, do que o separa un pequeno roqueiro, e coas súas mesmas características) e Sacido.

Posúe unha ampla e ben dotada zona de servicios, co parque municipal Pernas Peón á súa dereita, posto de socorro, cámping, hoteis, restaurantes, mesóns, pubes, discoteca, campo de fútbol e pavillóns e pistas polideportivas.

Excelentes accesos e rodados e peonís.

Paseo Marítimo - Praia de Covas
Paseo Marítimo
Praia de Covas

Os Castelos - Praia de Covas
Os Castelos
Praia de Covas

Voltar
Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio