CULTURA

CULTURA

 

Lara Concejal Cultura ViveiroDende a Concellería de Cultura ofrecemos unha axenda cultural variada, de calidade e accesible, que permita aos veciños do concello gozar das artes escénicas e das artes plásticas. Ocupámonos, tamén, de promover e apoiar todo tipo de iniciativas e eventos sobre temas de interese cultural.

Na nosa oferta combínanse espectáculos de recoñecido éxito, actuacións de grupos locais e actividades dirixidas a todos os públicos.

Apostamos, dentro do posible, polo apoio e as axudas a colectivos e asociacións culturais, porque creemos que é moi necesario dar axuda aos veciños e veciñas de Viveiro que teñen inquedanzas artísticas, xa que fan posible que a vida cultural e festiva no noso pobo estea sempre viva e son parte necesaria para a conservación das tradicións e para a súa transmisión, preservando, así, a identidade do noso pobo.

Un dos nosos principais obxectivos, tanto no presente como de cara ao futuro, é educar culturalmente, dende a máis terna infancia, aos nenos e nenas de Viveiro a que participen activamente dos eventos e proxectos pensados para eles. Para que o seu crecemento cultural estea o máis enriquecido posible. Plantar a semente dende pequenos é un acerto para o futuro.

Recoñecer o bo traballo e dar a coñecer a obra dos nosos artistas locais é un proxecto que comezamos e queremos continuar ao longo do tempo.

Viveiro é berce de artistas, un pobo vivo culturalmente; queremos que así sexa e traballaremos para iso.


Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar