| Ruta do Curro de Candaoso |
Partimos das casas do lugar de Castiñeiras, na parroquia de Santo Andrés de Boimente, subindo pola pista asfaltada ó redor de 100 m.
Seguimos entón a baixada do camiño, para volver a subir, introducímomos pouco a pouco na Fraga do Buio, 60 hectáreas de bosque de variadas especies autóctonas. Continuarémo-la pista de subida ata alcanza-lo noso destino o Curro de Candaoso, lugar onde se celebra a famosa rapa das bestas, o primeiro domingo de xullo, agás que o día un coincida en domingo, nese caso celébrase o segundo domingo.
Esta festa celébrase en moitos lugares de Galicia desde xuño ata os primeiros de agosto e nace dun traballo que consiste en corta-las crinas e marca-los cabalos que viven nos montes dos arredores de forma semi salvaxe.
|
|
|
|