galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Situación
Historia
Percorrido
Rutas Sendeirismo
Outras Rutas
Festas
Gastronomía
Praias
Porto Deportivo
Parques e Xardíns
Covas e Grutas
Depósitos Arqueolóxicos
Cruceiros
Galería de Imaxes
Fotografías 360º

Festas
O calendario festivo de Viveiro é profano, costumismo e relixioso.

Entroido : encóntrase entre os máis antigos de Galicia, durante catro días (de sábado a martes), os viveirenses saen á rúa para demostrárlle-lo seu humor e cordialidade ós seus visitantes; estas festas teñen o seu punto culminante o Martes de Entroido, co desfile de carrozas, comparsas, grupos, etc. polas distintas rúas da cidade.

Semana Santa : declarada de interese turístico nacional, está considerada como unha das mellores de Galicia, pola riqueza das súas imaxes e pola súa antigüidade. Viveiro ten un bo número de confrarías, entre as que podemos nomear, a de Nuestra Señora del Rosario, Cristo de la Piedad, El Prendimiento, Las Siete Palabras e a Santa Cruz. Podemos destacar, entre outras, as seguintes procesións: O Encontro, que con imaxes articuladas representa o camiño do calvario de Xesús; O Desencravo e Santo Enterro, que representa o descendemento da cruz, para dar paso á procesión do Santo Enterro; a Última Cea, cos pasos da Cea, Horto, Ecce homo, O Nazareno e A Dolorosa; A Paixón, cos pasos do Prendemento, As Sete Palabras, A Piedade e María ó pé da cruz; Os Caladiños, que invita á oración e ó recollemento, na que o pobo enteiro acompaña á Dolorosa no seu regreso do calvario, xa entrada a madrugada. Ampliar [+]

Rapa das Bestas : Declarada tamén de interese turístico nacional, celébrase o primeiro domingo de xullo, agás que o día 1 coincida en domingo, celebrándose entón o segundo domingo, nos montes de Buio, é unha típica e antiquísima operación de corta de rabo e crinas, así como de doma de cabalos en estado salvaxe que se crían nesta serra.

Festas Patronais : Celébranse na semana do 15 de agosto, dedicadas ó copatrón da cidade, San Roque e a Nosa Señora. Destacan entre os actos a celebración da mostra folclórica internacional, que está integrada en CIOFF, a feira de artesanía popular galega, a subida e romaría no monte San Roque a altas horas da madrugada do día 16, o día das cabezudas no souto das Nogueiras, carreira ciclista, campionato de tiro ó prato, etc.

Romeria do Naseiro (Romaxe do Bo Xantar): Declarada de interese turístico nacional. celébrase o cuarto domingo de agosto no lugar de Naseiro, á beira do río Landro, na parroquia de San Pedro; ten días dedicados ó polbo, caldo e á típica sardiñada onde a xente come, canta e baila sen parar durante catro días.

Santiago Apóstolo : O día 25 de xullo no porto de Celeiro, celébranse estas festas cunha popular procesión marítima pola ría de Viveiro.

Entroido
Entroido
Semana Santa
Semana Santa
Rapa das Bestas
Rapa das Bestas
Festas Patronais
Festas Patronais
Romería do Naseiro
Romería do Naseiro
Santiago Apóstolo
Santiago Apóstolo


Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio