| Ruta de Monte Faro |
Seguindo a estrada que nos leva á praia de Area e á igrexa de Faro, podemos chegar ó monte Faro, onde encontramos un miradoiro desde o cal se divisa a entrada da ría de Viveiro, nel encontrámo-las ruínas dun antigo castro celta. Conta a lenda que ó lado deste monte estivo o lago de Carracedo e baixo as súas augas estarían, segundo din as xentes, os restos dunha vila do alto medievo que se coñece co nome de Arena ou Estabañón, as campás da vila óense repicar o día de S. Xoán.
|
|
|
|