SEGURIDADE CIUDADANA

SEGURIDADE CIUDADANA

CONCELLEIRO DA AREA: CARLOS ALBERTO GUEIMUNDE CABALEIRO

EMERXÉNCIAS E PROTECCIÓN CIVIL Protección Civil Viveiro

O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil  do Concello de Viveiro, ten como misión especifica, no ámbito territorial das suas competencias, o salvamento de persoas e bens en caso de incendio ou outro sinistro, a prevención e asistencia técnica nesta materia, así como o desenrolo de accions dirixidas a evitar riscos a os ciudadans. A complexidade destas actuacions require unha planificación que permita coordinarse cos diferentes servizos que forman o sistema de Protección Civil.

Dentro do término municipal de Viveiro, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, prestara os ciudadans toda a protección necesaria para a previsión, prevención, planificación intervención e rehabilitación, que se poidan dar ante calquera situación de emerxencia.

MARCO LEGAL

No ámbito local, de forma escueta pero precisa, a Ley 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local establece no seu articulo 25.2c a competencia dos Concellos en materia de Protección Civil. E así, o Concello, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das suas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribuian a satisfacer as necesidades da comunidade e entre as que se encontran dirixidas a mellora da protección e a seguridade das persoas como son a creación da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil e la elaboración dos Plans Municipais de Protección Civil. A organización de Protección Civil a Nivel Municipal circunscribese a figura do Alcalde como Xefe Local de Protección Civil, mando único no ámbito local, do que dependen todos os corpos e servizos de emerxencia e seguridade locais nas situacions de catástrofe ou calamidade publica que poidan producirse no Municipio.

FUNCIONS

O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil desempeñara as funcions propias de todo servizo de urxencias e seguridade, e en especial as seguintes:

  • Intervención en incendios forestais e urbanos, no que o principal obxetivo é garantizar a integridade física das persoas afectadas e na medida das suas posibilidades a dos bens materiais, debendo a sua  vez coordinarse co parque comarcal de bombeiros.
  • Atención en accidentes de tráfico e rehabilitación das vías afectadas como consecuencias dos mesmos.
  • Búsqueda e rescate de persoas.
  • Intervención en situacions de meteoroloxía adversa que poidan afectar a este municipio (inundacions, temporais….).
  • Prevención, vixiancia e rehabilitación do normal desenvolvemento das infraestructuras municipais.
  • Promover a formación e información da poboación.
  • Estudio dos diferentes riscos previsibles e os seus coñecementos.
  • Elaboración e mantemento dos Plans de Emerxencia.
  • Elaboración e mantemento do catalogo de medios e recursos.
  • Apoio técnico na coordinación de actuacions de emerxencias.
  • Promoción de programas de prevención e información.
  • Apoio técnico na inspección do cumplimento da normativa.
  • Promoción e coordinación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
  • Coordinación e apoio ó dispositivo de salvamento nas praias.
  • Colaboración coa Policía Local nos casos en que este órgano o solicite.

MEDIOS HUMANS

Na actualidad o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil ten asignado o seguinte persoal:

            1 Xefe de Servicio
            3 Xefes de Equipo / Conductores

En caso de emerxencia, circunstancias excepcionais ou co fin de mellorar o desenrolo normal do servizo,  a Alcaldía  poderá asignar o persoal municipal  necesario para o desempeño das suas funcións.

MEDIOS MATERIAIS

O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil conta entre outros medios con:

  • 1 Vehiculo todo terreo de mando
  • 1 Vehiculo todo terreo de intervención
  • 1 Furgoneta de apoio
  • 1 Camión BUL
  • 1 Camión BRP
  • 1 Camión BRL
  • 1 Caravana PMA
  • 1 Remolque transporte material
  • 3 Embarcacions neumáticas de 4 ml e motor de 25 cv
  • 2 Remolques para transporte de embarcacions
  • 1 Compresor para recarga de botellas
  • 1 Generador corriente
  • 2 Motobombas de achique
  • 2 Trípodes de iluminación
  • 1 Repetidor comunicacions
  • 16 Equipos portátiles de comunicación

 

Así mesmo para a intervención en emerxencias poderá dispoñer dos medios de titularidade municipal.


Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar