| Premios e Concursos |
Premio de Poesía "Antonio Prados Ledesma" (26/10/2006)
B A S E S
1º Poderán participar tódalas persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade. Deben presenta-los orixinais escritos en lingua galega ou castelá.
2º Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de 150 versos. Presentaranse mecanografados a dobre espacio en A4, escritos por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
3º Outorgarase un único premio dotado de 1.500 euros e poderá ser declarado deserto. 4º As obras deberanse presentar baixo un lema e nun sobre pechado o nome, os apelidos, a dirección e o teléfono do autor.
5º Os autores participantes deberán enviar cinco exemplares das obras á seguinte dirección: CONCELLO DE VIVEIRO "IV PREMIO DE POESÍA ANTONIO PRADOS LEDESMA" Praza Maior, 1 27850 VIVEIRO (Lugo) O prazo de presentación rematará o 30 de setembro de 2002.
6º O xurado será designado polo Concello de Viveiro entre personalidades da cultura. A decisión será inapelable.
7º A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables. 8º As obras poderán ser retiradas, por escrito dentro dos tres meses posteriores á decisión do xurado.
|
|
|
|