| Saúdo do Alcalde |
A posta en marcha deste portal, non só é unha resposta do Goberno Municipal para atender a necesidade de adaptación as novas tecnoloxías, é un espacio virtual que permite unha maior participación cidadán co establecemento dunha administración local dinámica, atenta ás necesidades e reivindicacións dos veciños.
Temos a intención de ir dotando esta páxina de máis e mellores contidos , facela máis dinámica e participativa.
Para isto é necesario contar coas vosas ideas, achegándonos todo tipo de suxerencias, e mais que nada, as informacións e temas que botades en falta para así, entre todos e todas, facer un espacio común que serva para promover o noso Concello e dalo a coñecer ós visitantes.
Con toda seguridade a información e as posibilidades dun mellor coñecemento de tódalas actividades e servicios municipais que se incorporan na páxina web do Concello, responderá ás necesidades de tódolos usuarios, o que sen duda xustificará o esforzo realizado na renovación e actualización.
Espero que este portal permita a tódolos usuarios da rede coñecer un pouco mellor a nosa historia e a nosa riqueza cultural e patrimonial; en resumen, o noso Concello.
Esperando a vosa visita
Un saúdo
O ALCALDE
Don Melchor Roel Rivas
|
|
|
|