galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Saúdo do Alcalde
Grupo de Goberno
Composición Política
Servicios Municipais
Concello Dixital
Tablón Municipal
Premios e Concursos
Caixa de correo

Servicios Municipais
Plan de Excelencia Turística  
Actividade 
• Aumento da calidade dos servicios turísticos. 
• Mellora do medio urbano e natural do municipio. 
• Ampliación e mellora dos espacios de uso público. 
• Mellora dos servicios públicos. 
• Aumento, diversificación e mellora da oferta complementaria. 
• Posta en valor dos recursos turísticos. 
• Creación de novos productos. 
• Sensibilización e implantación da poboación e axentes locais nunha cultura de calidade.
 
Ubicación 
Claustros San Francisco 2 ª planta
 
Horario de atención ó público 
-De luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. 

Teléfonos 
Oficina de Excelencia Turística 900 562258
 
Preguntas máis frecuentes 

¿Que é o Plan de Excelencia Turística?
 
O Plan de Excelencia Turística de Viveiro é froito dun convenio de colaboración entre a Administración Xeral do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, o Concello de Viveiro e a Asociación Provincial de Hoteleiros. 
Ten como finalidade aumenta-la actividade turística do municipio de Viveiro, e que a oferta turística sexa competitiva e sostible. 
A súa duración inicial é de tres anos. 
Os asinantes comprométense a desenrolar actuacións para favorecer especialmente a calidade dos servicios turísticos, mellora-lo medio urbano e natural do municipio, ampliar e mellora-los espacios de uso público, aumentar, diversificar e mellora-la oferta. 

¿Que tipo de actuación financia o Plan de Excelencia Turística?
 
Todas aquelas actuacións que afecten ó patrimonio público e que o seu obxectivo sexa: 
• Aumento da calidade dos servicios turísticos. 
• Mellora do medio urbano e natural do municipio. 
• Ampliación, diversificación e mellora da oferta complementaria. 
• Posta en valor dos recursos turísticos. 
• Creación de productos. 
• Sensibilización e implantación da poboación e axentes locais na cultura de calidade. 

¿Por que se chama Plan de Excelencia Turística?
 
Outórgaselle o Plan de Excelencia Turística a concellos ou a mancomunidades dos concellos que teñen un recoñecido interese turístico. 
Con este plan preténdese mellorar e afianza-lo interese turístico da zona. 

¿Cantos plans de Excelencia Turística existen en Galicia?
 
Actualmente Galicia posúe catro plans de Excelencia Turística que se distribúen en:
• Provincia de Lugo: O concello de Viveiro 
• Provincia da Coruña: Santiago de Compostela 
• Provincia de Pontevedra : San Xenxo-O Grove 

¿Quen goza do Plan de Excelencia Turística? 
A poboación da zona e os visitantes que poden gozar dunha mellora nos servicios prestados así como un aumento da calidade.
Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio