SERVIZOS SOCIAIS e INMIGRACIÓN

SERVIZOS SOCIAIS e INMIGRACIÓN

CONCELLEIRA DA AREA: ISABEL RODRÍGUEZ LÓPEZ

Os SERVICIOS SOCIAIS do Concello de Viveiro, contan con:  Claustros San Francisco Viveiro

1)- PERSONAL:

  • Un director
  • Tres traballadoras sociais
  • Dúas auxiliares administrativas
  • Unha educadora familiar
  • Unha pedagoga

 

2) FUNCIONS OU ACTIVIDADES:

                   2.1- TRABALLO SOCIAL DE ZONA

                   Proxecto e información, orientación e asesoramento:

  • Atención o usuaruo do servizo
  • Información dos recursos
  • Tramitación de prestacións económicas
  • Tramitación de outro tipo de prestacións ( p.e. Cartilla  Sanitaria para persoas sen recursos
  • Valoración dos casos presentados
  • Reunións cos distintos profesionais dos programas
  • Contacto con outros Servizos Especializados
  • Programación e avaliación dos Servizos Sociais Comunitarios
  • Tramitación para o desenvolvemento da lei de dependencia
  • Colaboración co Departamento de Inmigración/Emigración.

                2.2- PROGRAMA DE FAMILIA E CONVIVENCIA       

  • Proxecto de Servizo de Axuda no Fogar
  • Proxecto de Intervención Familiar
  • Xantar na casa
  • Teleasistencia
  • Escola Infantil

        2.3- PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL

  • Proxecto Plan Nacional Xitano
  • Talleres do Plan de Inclusión
  • Colaboración con Cáritas no reparto de alimentos recollidos na Campaña do Nadal. Emerxencia social
  • Colaboración Cáritas no roupeiro municipal
  • Colaboración coa Fundación Pedro Barrié de la Maza
  • Proxecto Transeúntes
  • Proxectos Prevención de Drogodependencias
  • Proxecto de axuda a escolarización
  • Bolsa de Emprego Municipal. Axuda no Fogar
  • Xestión do reparto de alimentos excedentes da U.E. en colaboración co banco de alimentos
  • Axudas Emerxencia Social

        2.4- PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN SOCIAL

  • Vacacións Inserso
  • Actividades propias do centro e das parroquias adxacentes
  • Relación, información e asesoramento as distintas asociacións do municipio
  • Proxecto Voluntariado
  • Proxecto Nadal. Taller de xoguetes
  • Colaboración co CIM nas actividades e exposicións realizadas
  • Apoio a menores con especiais dificultades de aprendizaxe
  • Ocio e cultura en períodos no lectivos dirixido a menores usuarios de servizos sociais
  • Programa Vacacións en Paz
  • Colaboración asociación alzheimer de Viveiro

        2-5- TRAMITACIÓN DE SUBVENCIONS

  • Subvención do Centro de Información á Muller ó Servizo Galego de Igualdade
  • Plan concertado de Servizos Sociais-Atención Primaria
  • Axudas ós centros da primeira infancia dependentes das corporacións locais
  • Proxecto fomento do emprego en cooperación cos concellos
  • Plan Inclusión Social
  • Xestión de presupostos transferencia do Centro de Servizos Sociais da Xunta
  • Axuda no Fogar Deputación de Lugo

 


O Departamento de INMIGRACIÓN/EMIGRACIÓN del Concello de Viveiro cuenta con:    Logo_inmigración

1 Licenciada Dereito e 2 Diplomadas Educación Social.

ACCIÓNS:

1.Asesoramento  técnico Especializado a inmigrantes, emigrantes retornados e galegos no exterior:

  • Orientación, asesoramento e seguimento de casos.
  • Traducción e interpretación;
  • Atención Xurídica- Legal, Social e Administrativa.

2. Taller Sociocomunitario:

  • Achega dos recusos comunitarios a inmigrantes / emigrantes

3. Educación:

  • Alfabetización galego e castelán para adultos.     
  • Reforzo e apoio educativo.                                         
  • Educación intercultural nos centros educativos                                       
  • Reforzo e ocio e tempo libre no verán.                                           
  • Habiliadades sociais e resolución de conflictos

4. Intervención Familiar:

  • Familias inmigrantes con menores a cargo que se atopen cunha disfunción temporal ou crónica na dinámica familiar.

5. Laboral:

  • Mediación Laboral de inmigrantes /emigrantes con empresarios
  • Fomento do autoemprego.

6. Formación:  

  • Formación de inmigrantes / emigrantes.

7.Vivenda:

Mediación de aluguer: 

  • con inmigrantes/emigrantes
  • con propietarios
  • con inmobiliarias

8. Rede de Asociacionismo:               

  • Creación Asociacións de inmigrantes / emigrantes en Viveiro.
  • Incorporación nas Asociacións existentes.

9. Muller:

  • Conciliación de vida familiar e laboral.
  • Talleres de formación e Búsqueda de emprego.
  • Vítimas de redes de prostitución.

10. Campañas sesibilización e convivencia:  

  • Comunidade Galega no exterior.
  • Galegos retornados.                 
  • Inmigrantes.                            
  • Poboación autóctona      

11. Información e asesoramento sobre o retorno e Emigrantes Retornados.

12. Colaboración e coordinación con institucións e organismos

  • Municipais, autonómica, estatais e outros organismos oficiais, entre eles os diferentes Consulados que se atopan en España como aqueles españois no exterior. Información e asesoramente ós vecinos de Vivero que realizan trámites no extranxeiro, ou que necesitan de mediación con institución internacionais.

12. Garderia

  • PROXECTO DE MELLORA DE EQUIPAMENTO DA ESCOLA INFANTIL 0-3 MUNICIPAL DE VIVEIRO

    A Escola Infantil Municipal, pertencente ao concello de Viveiro, ten como obxectivo primordial a conciliación da vida laboral e persoal das familias e, ao mesmo tempo, tenta ofrecer unha ensinanza de calidade en canto a transmisión de valores e habilidades sociais.

    OBXECTO XERAL DA ACTUACIÓN REALIZADA

    Adecuación e mellora da Escola infantil a través da compra de equipamento, considerando que a calidade do mobiliario e dos recursos educativos así como a introdución das novas tecnoloxías son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada.

    ACTUACIÓN REALIZADA E INCIDENCIA NA MELLORA DA CALIDADE

    Espazos.

    A mellora dos espazos na escola ten en conta as necesidades dos nenos, e trata de ofrecer un servizo de calidade, tanto na atención como no desenvolvemento das nenas e nenos. Para iso acondicionouse unha das zonas de xogo, a piscina de bolas, con espuma goma eva para garantir unha maior seguridade aos nenos e nenas.

    Recursos didácticos

    Adquirindo os materiais que melloran o funcionamente da Escola, tanto a nivel tecnolóxico como a hora de equipar as aulas preténdese a consecución dos obxectivos propostos.

    Os materiais adquiridos están pensados para poñer en práctica a perpectiva didáctica do noso equipo educativo e de sacar o maior partido dos nosos alumnos/as, respectando os tempos así como atendendo a etapa evolutiva na que se atopan

    Así, mediante a compra de dispositivos (proxector, tv, altavoces, memoria externa…) trátase de integrar as novas tecnoloxías na aula.

    Mediante a adquisición e mellora do equipamento e material didáctico e de xogo trátase de garantir e propiciar o desenvolvemento integral dos nenos/as, atendendo a distintos aspectos como o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social, que é o principio xeral da Educación Infantil.

    A adquisición de material didáctico realizouse aplicando a perspectiva de xénero, asegurando unha construción da personalidade de cada neno e nena libre de estereotipos. Favorecendo o acceso de todos os nenos e nenas a distintos tipos de xoguetes, sen distinción de xénero, estase traballando pola consecución dunha auténtica, real e efectiva Igualdade de xénero.

    ORZAMENTO DA ACTUACIÓN:

    • Adquisición de equipamento e material didáctico…………………….. 5.110,58 €

    • Compra dispositivos novas tecnoloxías …………………………..…….. 1.409,58 €

    O financiamento realizouse, na súa totalidade, a través da subvención outorgada pola Xunta de Galicia ao Concello de Viveiro en virtude da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2017 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020)

     

                                                          
 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar