galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Situación
Historia
Percorrido
Rutas Sendeirismo
Outras Rutas
Festas
Gastronomía
Praias
Porto Deportivo
Parques e Xardíns
Covas e Grutas
Depósitos Arqueolóxicos
Cruceiros
Galería de Imaxes
Fotografías 360º

Ruta da Silvarosa
Ruta da Silvarosa


Para iniciar esta ruta partiremos do lugar de Tora, nas Pallaregas (parroquia de Covas), seguindo o sendeiro cara a arriba por un amplo camiño franqueado por un bosque de piñeiros e eucaliptos, ata chegar a Iña, cume da Silvarosa, desde onde podemos admirar unha panorámica de Viveiro e os seus arredores, dotados dunha extraordinaria beleza natural. Alí están as antigas minas da Silvarosa, onde antano as xentes dos arredores extraían o ferro das terras ferruxinosas. Aínda hoxe podemos aprecia-los pozos, canteiras e antigas edificacións.

Teremos que rodea-las casas da Silvarosa para encontra-lo sendeiro de baixada, camiño folgado rodeado dun amplo bosque de árbores autóctonas (carballos, bidueiros,…). Aproximadamente na metade do percorrido enlazaremos co camiño de subida.

Voltar
Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio