galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Situación
Historia
Percorrido
Rutas Sendeirismo
Outras Rutas
Festas
Gastronomía
Praias
Porto Deportivo
Parques e Xardíns
Covas e Grutas
Depósitos Arqueolóxicos
Cruceiros
Galería de Imaxes
Fotografías 360º

Ruta do Souto da Retorta (Eucaliptal de Chavín)
Ruta de Souto da Retorta


Esta ruta parte de Chavín (fábrica de Hidrofersa). O sendeiro vai desde un frondoso bosque e un lado do río Landro. A uns 200 m aproximadamente co primeiro que nos encontramos son dous eucaliptos, aínda que non son os máis grandiosos (2 m de diámetro). Seguímo-lo sendeiro, e ó chegar ó cruce de camiños, tomámo-lo da dereita, que nos conduce directamente ós eucaliptos máis grandes. Os exemplares máis altos pasan dos 80 m e un deles ten un diámetro superior a 2,50 m (necesítanse seis persoas para abrazalo).

Retomámo-lo sendeiro cara a antiga central hidroeléctrica; comeza aquí o cacho do camiño máis dificultoso, pasando o camiño (moi estreito) polo borde do candil (que dá lugar á fervenza artificial). A uns 800 m debémonos parar para admira-la suntuosa Pena da Vella, pedra de grandes dimensións suxeita por un ferro curvado. Contan as xentes do lugar que a pedra foi dinamitada para que chegase ó río e formara así a presa, pero non chegou a alcanzalo e quedou a uns poucos metros, onde se encontra agora. Seguimos camiñando 500 ou 600 m ata encontra-la abertura da presa, onde ó saí-la auga forma un espectacular salto coñecido como o Salto do Can.

Voltar
Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio