galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Situación
Historia
Percorrido
Rutas Sendeirismo
Outras Rutas
Festas
Gastronomía
Praias
Porto Deportivo
Parques e Xardíns
Covas e Grutas
Depósitos Arqueolóxicos
Cruceiros
Galería de Imaxes
Fotografías 360º

Ruta de San Roque e dona Urraca
Ruta de San Roque


Esta ruta parte da praza de Juan Donapetry (Pontelabrada), seguindo a estrada de Campo de Verdes ata chegar ó sendeiro que leva ás Cortes de dona Urraca, sen deixar de pasar pola fonte pública do mesmo nome. Debemos seguir entón o camiño por diante da casa de dona Urraca ata alcanzar novamente a estrada que leva a San Roque.

Cruzándoa encontramos de fronte o último treito do camiño que conduce directamente ó sementeiro de flora e fauna de San Roque. Chegados a este punto divisaremos a estrada ata o noso destino: o miradoiro de San Roque. Desde alí podemos chegar ata o Penedo do Galo, onde apreciamos unha panorámica diferente dos outros miradoiros da localidade como o monte Castelo.

De volta, podemos optar polo camiño de subida ou podemos baixar polo sendeiro situado á dereita da ermida (que é empregado tradicionalmente polos romeiros o 16 de agosto celebrando a festividade do patrón da cidade). Nesta baixada por camiños empinados cruzámo-la estrada en dúas ocasións ata chegar de novo ó punto de partida: a praza de Juan Donapetry.

Voltar
Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio