Xuventude

Xuventude

Dende o departamento de Xuventude o que pretendemos e crear políticas que permitan una participación activa da mocidade  no desenvolvemento social, económico, político e cultural de Viveiro e  ofrecer un servizo de  información e asesoramento  cercano e personalizado para todos os mozos e mozas de Viveiro, en todos aqueles temas que lles interesan na súa vida cotiá: emprego, educación, bolsas e axudas, cultura, ocio, tempo libre, asociacionismo, vivenda, saúde...

O obxectivo principal é ofrecer un servizo de  información e asesoramento  cercano e personalizado para todos os mozos e mozas de Viveiro, en todos aqueles temas que lles interesan na súa vida cotiá: emprego, educación, bolsas e axudas, cultura, ocio, tempo libre, asociacionismo, vivenda, saúde...

A partir deste grande obxectivo  podemos enumerar outros de tipo máis específico:

  • Dinamizar a información, fortalecendo as comunicacións máis aló da consulta presencial, mediante o uso do correo electrónico e  potenciado a asesoría vía redes sociais.
  • Favorecer o acceso dos mozos a información especializada acorde coas súas demandas e necesidades en xeral, sobre temas como sexualidade, drogodependencias,  violencia de xénero, etc.
  • Ofrecer á mocidade de Viveiro un programa de ocupación saudable do tempo libre.
  • Sensibilizar aos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostibilidade medioambiental e na diversidade cultural.
  • Canalizar e potenciar as inquietudes dos mozos/as nas súas diversas manifestacións: cultural, artística, social, asociativa...    
  • Facer da igualdade de oportunidades no acceso á información e recursos unha realidade.
  • Orientar e asesorar nos aspectos demandados relacionados cun desenvolvemento persoal e profesional axeitado.
  • Ofrecer un servizo de tramitación de bolsas de estudo, matrícula en centros docentes, prácticas europeas... á mocidade de Viveiro
  • Crear canles de comunicación e cooperación cos demais recursos existentes no municipio para a mocidade  como os IES.
  • Apoiar ao estudantado universitario e de F.P con axudas ao transporte.
     

A oficina Municipal de Información Xuvenil atópase situada no primeiro andar do Concello de Viveiro, na Praza Maior.
O noso teléfono é 982560128. ext.135
O noso enderezo de Correo electrónico é: xuventudeviveiro@gmail.com
O noso facebook é: www.facebook.com/xuventude.viveiro


Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar