
21
Abril
Mamá Cabra e Bellón Maceiras .
Venda de entradas: no teléfono 982560162 ou correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, de luns a xoves de 09:00 a 14:00 horas e tamén unha hora antes da función na taquilla do teatro . Prezo entrada: 2 €
Mamá Cabra e Bellón Maceiras 'A música das buguinas”. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18:00 h.
'Clasificación: Folk – tradicional.Concerto
Público: familiar
Duración: 50 min
Proposta musical A música das buguinas é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, iremos descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!