AXENDA

TEATRO PASTOR DÍAZ.  Ainé producións..Continente María. Un espectáculo sobre María Casares. RGTA

TEATRO PASTOR DÍAZ. Ainé producións..Continente María. Un espectáculo sobre María Casares. RGTA

Reserva de entradas: De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es,. Prezo : 5€/ 3e estudiantes e xubilados

Sábado 26: Ainé producións..Continente María. Un espectáculo sobre María Casares. RGTA

Lugar: TPD

Hora: 20,30 h.

Prezo entrada: 5 €/ 3 € estudiantes e xubilados

Clasificación: Teatro / Outros

Duración: 100 min

Público:Adultos

Dirección: Tito Asorey

Adaptación-Escenografía: Laura Iturralde

Deseño son: Santi Jul

Deseño iluminación:Laura Iturralde

Vestiario: Yaiza Pinillos

Música: Vadim Yukhnevich

Elenco artístico: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich

 

Texto promocional

Realizar un espectáculo sobre María Casares era algo que tanto o director Tito Asorey como a actriz Melania Cruz tiñan en mente desde hai máis dunha década. As circunstancias, tanto vitais como de produción, fixeron que deran o paso neste momento, no 100º aniversario do seu nacemento, sabedores de que sería óptimo para que fose recibida a súa proposta coa atención axeitada.

 

Esta montaxe pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.

 

María Casares preséntasenos como un continente que ansiamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional en base ás súas vivencias, pensamentos e recordos, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tratar de entendernos mellor como seres humanos creadores e habitantes dun mundo no que non hai tantos anos, os exiliados eramos os propios españois.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar