09
Decembro
Grupo de teatro Down Lugo. 21/3
Grupo de teatro Down Lugo. 21/3. Entrada de balde ata completar aforo.
Venres 9 : Grupo de teatro Down Lugo coa obra 21/3
Ciclo “Táboas cheas de emocións” da Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo
Lugar: TPD
Hora: 19,00 h
GRUPO DE TEATRO DOWN (LUGO)
Este grupo formouse en decembro de 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que de inicio contaba con 7 participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros consolidándose como tal. Na actualidade está formado por 16 actrices e actores afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 22 e os 55 anos.
Ao longo da súa traxectoria, o Grupo de teatro Down Lugo representou obras como “Eu respecto as normas, e ti?”, “A viaxe da vida”, “Down Up”, “Sono dun día”, “O circo dos doce puntos”, “Amor”, “Montaxe de terror”, “Gritos”, “O clube da comedia viaria”, “O bar da esquina”, “Televisión”, “Dimes e diretes”, “Conto de Nadal”, “Ti te me deixas querer”, “Ó redor dunha camilla”, “Soños”, “Performance Soño” e “Soño dunha noite de verán”.
Obra: 21/3.
Teatro documental. Público adulto.
Sinopse: “Cando pecho os ollos podo ver a miña vida por retazos, podo compoñer un vestido cosendo todos eses retazos, anécdotas, a primeira vez que vin o mar, o meu primeiro bico, as cousas que me fixeron feliz e as cousas que non me fan nin me fixeron tan feliz...
”
21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as súas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser aceptados?, non somos como os demais? ou somos como Segismundo buscando o motivo do seu castigo?
Os textos creados no taller de teatro, son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triple cromosoma 21. As imaxes, as atmósferas e os corpos son primordiais na posta en escena. Unha obra para enternecer, rir e chorar. Como a vida mesma.
Autoría: Grupo de Teatro Down.
Dirección: Paloma Lugilde.
Elenco: 16 actrices e actores.
Duración: 50 min.