CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO

CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO

O CAMIÑO DE SANTIAGO NO CONCELLO DE VIVEIRO

Foron moitos os historiadores e varios estudos os que intentaron demostrar a existencia dun camiño cara a Santiago de Compostela para visitar a tumba do Apóstolo Santiago ao longo da mariña lucense. 

No noso concello, D. Enrique Chao Espina, (Vivero Jacobeo), D. Carlos Adrán Goas (La ruta jacobea en la comarca de Viveiro), D. Enrique Fernández Llano (El camino de Santiago por el municipio de Viveiro), D. Juan Donapetry Iribarnegarey (privilegios, cédulas y cartas reales) , D. Enrique Cal Pardo, o Padre García Oro ou D. Juan Ramón Fernández Pacios encargáronse de recopilar datos sobre o camiño na nosa comarca. 

En Viveiro, o citado camiño ten un percorrido de 12 Km. que vai dende o lugar do Rego dos Gatos na parroquia de San Xulián de Faro, lindando coa parroquia de Xuance (Xove) ó lugar de Malló na parroquia de Galdo, lindando coa parroquia de Bravos (Ourol) polo sitio da Ferrería. 

Existeu unha ruta comercial, un camino moi empregado pola xente e que unía Ribadeo e Viveiro, camiño que utilizaron tamén moitos peregrinos. 

Tres puntais básicos para esa definición e recoñecemento son: 

A existencia desa ruta.

Unha infraestructura hospitalaria (lembremos que na noso Concello houbo tres hospitais de peregrinos, un en Celeiro (Santa Ana) e dous en Viveiro (San Francisco e Santa María).

A presencia de peregrinos nestas localidades. (que tamén está constatado)

Esta ruta era unha continuación do Camiño Norte, a ruta máis histórica, e a primeira que toman os peregrinos de todo o cristianismo europeo.

Hai que ter en conta que, nos primeros séculos e a partires do momento en que se descubre a tumba do Apóstolo, a dominación por parte dos musulmáns alcanzaba moitos territorios das zonas más norteñas da península, e esta é a razón fundamental de este primitivo trazado.

 

Por outra banda o denominado Camiño Inglés era a ruta preferida polos peregrinos procedentes dos Países Escandinavos, Flandes, Os Países Baixos, o mundo do Báltico, o Norte de Francia e, ante todo, polos romeiros ingleses e irlandeses para chegar a Galicia. Os peregrinos arribaban ás costas galegas en embarcacións de pouco calado (navíos de transporte de mercancías, cocas, etc.) que podían chegar con facilidade a cualquera rincón da costa. 

Entre ambolos camiños atopase a nosa comarca. 

Nas rutas publicadas pola Xunta de Galicia no ano 1992 o citado “Camiño Inglés” posue dous trazados:

Un que sitúa a súa orixe en Viveiro.

Outro que a sitúa no Ferrol, que se unirían no lugar de Bruma no concello coruñés de Mesía. 

 

Dende Viveiro podería haber ata tres alternativas:

A primeira a citada, para confluir en Mesía.

Outra polo interior cara a Muras. 

E a terceira polo alto de Vilacampa pasando por Ferreira do Valadouro para ir hacía Mondoñedo para confluir co camiño norte. 

 

Hoxe coñecese es está recoñecido como “Camiño Inglés” os que xurden en Ferrol e dende A Coruña, e que confluen en Hospital de Bruma; o outro dende Viveiro non existe oficialmente, ou polo menos non figura entre os 15 recoñecidos. 

O profundo significado relixioso-cultural do camiño de Santiago, como un dos piares da identidade europea, foi destacado polas institucións en diversas ocasións, sendo valorado polo Consello de Europa, coa súa declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo (1987), e pola UNESCO, ao declararo en 1993 Patrimonio da Humanidade. A concesión en 2004 do Premio Príncipe de Asturas da Concordia ao Camiño de Santiago afonda, se cabe, na mensaxe máis íntima da experiencia da ruta xacobea: ofrecer un tempo o que dure a peregrinación e un lugar o propio camiño, como espazo de especial significado onde sexan posibles a solidariedade, a reflexión e o diálogo.

Grazas ao percorrido e o prestixio cada vez maior da peregrinación, as localidades por donde cruza calquera dos camiños puideron beneficiarse económicamente tanto no aspecto do comercio como da hospedaxe e a alimentación. Os ingresos non virían só da hospedaxe senón que o requirimento de novos aloxamentos e a construción ou rehabilitación de edificacións como os albergues necesitan dun considerable número de traballadores, como albaneis, canteiros ou carpinteiros, asi como o coidado das infraestructuras e das rutas, o que constituen, sen dúbida algunha, un poderoso factor de dinamización económica. 


Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar