Documentación Padrón

Documentación Padrón

Información:

Documentación a presentar para realizar a inscrición/modificación

1.  Folla padronal cumprimentada e asinada.

2.  Documentación acreditativa da identidade: (os documentos de identificación deben estar en vigor)

  • Españois: DNI (obrigatorio para maiores de 14 años) ou Libro de Familia ou Certificado de nacemento para menores de 14 anos que non dispoñan de DNI.
  • Estranxeiros (maiores de idade, menores nacidos no estranxeiro e menores nacidos en España con máis de 3 meses):
    1. Cidadáns de Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza: Certificado de Rexistro de Cidadán da Unión, no que consta o Número de Identidade de Estranxeiro (NIE), xunto co documento acreditativo da identidade ou pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
    2. Resto: Tarxeta de identidade de estranxeiro expedida polas autoridades españolas, na que consta o Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) ou, no seu defecto, pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
    3. Estranxeiros menores nacidos en España con menos de 3 meses: Libro de Familia ou Certificado de nacemento expedido por autoridades españolas, no caso de que non dispoñan dun documento de identificación.

3. Documentación acreditativa de representación de menores e incapacitados:

  • Menores non emancipados: Libro de Familia ou Certificado de nacemento. En casos de separación ou divorcio, a resolución xudicial que acredite a súa garda e custodia. Cando se solicite a inscrición dun menor cun só dos seus proxenitores, débese presentar a autorización do outro para o empadroamento ou, no seu defecto, declaración responsable firmada polo que realiza a solicitude de ter a garda e custodia do menor e capacidade legal suficiente para facer a inscrición, segundo o modelo subministrado polo Concello.
  • Incapacitados: Resolución xudicial que acredite a representación legal.

4. Documentación acreditativa del domicilio:

  • Título de propiedade (Escritura, Nota do Rexistro...).
  • Contrato vixente de arrendamento de vivenda para uso de residencia habitual acompañado do último recibo de alugueiro.
  • En caso de Autorización de persoa empadroada: título acreditativo da posesión efectiva da vivenda (propiedade, alugueiro...) a nome da mesma.

IMPORTANTE: Cando se cumprimenten ou presenten autorizacións, acompañaranse de fotocopias dos documentos de identidade dos autorizantes.

 

Normativa legal

Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, do 11 de xullo.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio onde reside habitualmente .

Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ao ano.

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo e son utilizados para a actualización do Censo Electoral.

Os veciños deben comunicar as variacións nos seus datos de inscrición, especialmente os cambios de domicilio dentro do termo municipal.

Os menores de idade non emancipados e os maiores incapacitados deben figurar empadroados cos pais que teñan a súa garda ou custodia ou, no seu defecto, cos seus representantes legais, salvo autorización por escrito destes para residir en outro domicilio.

O prazo máximo para resolver o empadroamento é de tres meses a partir da solicitude, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Os datos do Padrón municipal poderán ser cedidos de conformidade coa lexislación vixente en materia de protección de datos, podendo exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición todo o cal se informa en cumprimento do artigo 12 e seguintes da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Documentos:

FOLLA PADRONAL DE INSCRICIÓN OU MODIFICACIÓN.
AUTORIZACIÓN INSCRIPCIÓN EN VIVENDA ALLEA.
DELEGACIÓN EN TERCEIRA PERSOA PARA TRÁMITES PADRÓN
AUTORIZACIÓN PARA EMPADROAMENTO DE MENORES.
ANEXO I.
ANEXO II.

 


Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar