Guarderia
GUARDERIA
PROXECTO DE MELLORA DE EQUIPAMENTO DA
ESCOLA INFANTIL 0-3 MUNICIPAL DE VIVEIRO
A Escola Infantil Municipal, pertencente ao concello de Viveiro, ten como obxectivo primordial a conciliación da vida laboral e persoal das familias e, ao mesmo tempo, tenta ofrecer unha ensinanza de calidade en canto a transmisión de valores e habilidades sociais.
OBXECTO XERAL DA ACTUACIÓN REALIZADA
Adecuación e mellora da Escola infantil a través da compra de equipamento, considerando que a calidade do mobiliario e dos recursos educativos así como a introdución das novas tecnoloxías son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada.
ACTUACIÓN REALIZADA E INCIDENCIA NA MELLORA DA CALIDADE
Recursos didácticos e de novas tecnoloxías
Adquirindo os materiais que melloran o funcionamente da Escola, tanto a nivel tecnolóxico como a hora de equipar as aulas preténdese a consecución dos obxectivos propostos.
Os materiais adquiridos están pensados para poñer en práctica a perpectiva didáctica do noso equipo educativo e de sacar o maior partido dos nosos alumnos/as, respectando os tempos así como atendendo a etapa evolutiva na que se atopan
Así, mediante a compra de dispositivos cos que non se contaba na Escola (portátil, pantalla proxección…) trátase de integrar as novas tecnoloxías na aula, favorecendo a participación dos nenos/as ao presentarlles as actividades de maneira visual, auditiva…, o que potencia a súa estimulación.
Mediante a adquisición e mellora do equipamento e material didáctico e de xogo trátase de garantir e propiciar o desenvolvemento integral dos nenos/as, atendendo a distintos aspectos como o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social, que é o principio xeral da Educación Infantil.
A adquisición de material didáctico realizouse aplicando a perspectiva de xénero, asegurando unha construción da personalidade de cada neno e nena libre de estereotipos. Favorecendo o acceso de todos os nenos e nenas a distintos tipos de xoguetes, sen distinción de xénero, estase traballando pola consecución dunha auténtica, real e efectiva Igualdade de xénero.
ORZAMENTO DA ACTUACIÓN
-
Adquisición de equipamento e material didáctico…………………….. 335,82 €
-
Compra dispositivos novas tecnoloxías …………………………..…….. 1.560.32 €
O financiamento realizouse, na súa totalidade, a través da subvención outorgada pola Xunta de Galicia ao Concello de Viveiro en virtude da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020)