14
Xuño
A TENENCIA DE ALCALDÍA DE VIVEIRO INFORMA DE NOVAS DATAS DO PROGRAMA INFORMATIVO SOBRE O COLECTOR MARRÓN
Estará o xoves 13 de xuño á altura do supermercado Masymas da parroquia de Covas, o 20 de xuño no paseo fronte a Mussiburger da parroquia de Verxeles, e o 27 de xuño na praza maior de Viveiro.
Viveiro, 11 de xuño de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa da incorporación de novas datas ao calendario do programa Ti Tes a Chave, que está a percorrer o municipio para dar información sobre o uso do novo colector marrón de residuos orgánicos.
O punto informativo estará o xoves 13 de xuño na parroquia de Covas, á altura do supermercado Masymas. O día 20 de xuño estará en Verxeles, no paseo fronte a Mussiburger, e o 27 de xuño, na praza maior de Viveiro. O 4 de xullo pasará aos xardíns Noriega Varela.
Ao longo dos meses de xullo e agosto, a campaña pasará de novo polas parroquias de Celeiro o 11 de xullo, Lodeiro o 18 de xullo, Covas o 22 de xullo, Verxeles o 1 de agosto, e Viveiro o 8 de agosto. En todos os casos estará dispoñible de 10:30 a 13:30.
A tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez anima á veciñanza “a achegarse ao punto informativo para recibir todo o material necesario para o emprego do colector marrón, e así colaborar para crear un Viveiro máis sustentable”.
Bermúdez fai “unha valoración moi positiva do conseguido polo programa ata o momento”, con visitas a ata 73 establecementos e grandes produtores do municipio dende o 29 de abril para informarlles do servizo, 131 novas altas de veciños e veciñas, e 5 charlas impartidas nos centros educativos.
No posto infórmase á veciñanza das localizacións dos colectores e se fai entrega dun kit de reciclaxe composto por un cubo de 10L, bolsas compostables, un folleto no que indicamos que consideramos orgánica e que non, e a chave para abrir o colector.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro