ACTUACIÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA DE LUGO

Dª MARÍA LOUREIRO GARCÍA, Alcaldesa do Concello de Viveiro, INFORMA

 

O vindeiro 6 de xuño, ás 12:30 horas, no Teatro Pastro Pastor Diaz, terá lugara actuación do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, cun espéctaculo no que se realiza unha versión, conxunta, de Alicia en el País de las Marabillas e Mary Poppins. Esta actuación está dirixida ao público infantil e contará coa asistencia dos alumnos de 1º e 2º de primaria dos centros educativos do municipio.

Trátase dunha actividade organizada dende a Consellería de Cultura, Muller e Xuventude coa que se dá continuidade á programación que todos os anos se vén realizando para ofertar unha actuación dirixida, en exclusiva, aos nenos e nenas dos colexios de Viveiro.

Nesta ocasión decidiuse ofrecer este espectáculo, no que se mestura danza e teatro, para que os máis pequenos poidan descubrir que existen distintas formas de comunicación artística; ademais de admirar e desfrutar do traballo realizado por outros nenos, pois os actores son os nenos e nenas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

 

Viveiro, na data que consta á marxe.

A alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar