BANDEIRA AZUL

BANDEIRA AZUL

A PRAIA DE AREA DE VIVEIRO XA CONTA COA SÚA BANDEIRA AZUL PARA O VERÁN 2023

Viveiro, 4 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado da Bandeira Azul na praia de Area, un distintivo de recoñecido prestixio que avala a calidade das súas augas e os seus servizos.

No izado desta bandeira estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Turismo, Marisol Rey, ademais dos socorristas do areal.

Loureiro aproveitou a ocasión para destacar “a calidade dos distintos areais existentes no Concello de Viveiro”, adiantando que “as perspectivas deste verán son moi positivas para o sector turístico”.

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar