CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN DO CONCELLO DE VIVEIRO

CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN DO CONCELLO DE VIVEIRO

COMEZA A SEGUNDA QUENDA DO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN DO CONCELLO DE VIVEIRO, QUE FACILITA A CONCILIACIÓN CON NUMEROSAS ACTIVIDADES DE LECER

Viveiro, 20 de xullo de 2023. O Campamento Urbano de Verán do Concello de Viveiro comezou a súa segunda quenda o pasado luns para facilitar a conciliación.

Con este campamento buscamos favorecer a conciliación familiar cunha alternativa de ocio saudable e á vez que pedagóxica, na que se fomentan o xogo, o deporte e a expresión artística, ademais de valores como a convivencia ou o respecto entre iguais”, explica María Loureiro.

Esta semana, os nenos e nenas tiveron actividades con kayaks e nos próximos días terán inchables, Entroido de Verán, o Día do Pirata e outras iniciativas deportivas e de lecer.

 Ademais do campamento, no verán está aberta a escola infantil municipal e o concello colabora con outros clubes e entidades noutras actividades, como os cursos de ximnasia rítmica e outros deportes, cedendo as instalacións municipais.

O campamento de verán está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019, ambos incluídos, de luns a venres en horario de 08:30 a 14:15 horas, con entrada flexible ata as 10,00. Haberá quendas ata finais de agosto.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar