COMISIóN INFORMATIVA DE FACENDA

Na orde do día da Comisión Informativa de Facenda, convocada para mañá, 1 de abril de 2016, inclúense a modificación de ordenanzas fiscais e a imposición e ordenación da taxa por aproveitamento especial da vía pública con caixeiros automáticos.

NOTA DE PRENSA

Na orde do día da Comisión Informativa de Facenda, convocada para mañá, 1 de abril  de 2016, inclúense a modificación de ordenanzas fiscais e a imposición e ordenación da taxa por aproveitamento especial da vía pública con caixeiros automáticos.

Coa modificación das ordenanzas fiscais, reducindo a carga impositiva, preténdese dinamizar a actividade comercial e industrial do concello e, polo tanto, facilitar a recuperación económica e fomentar a creación de emprego.

Esta modificación afectará á Ordenanza fiscal número 2, reguladora do imposto sobre construción, instalación e obras, reducindo o tipo do 2,13 % ao 1,5%,  e á Ordenanza fiscal número 6, reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento, reducindo un 10% na tarifa tipo I das licenzas de apertura para todo tipo de novos establecementos comerciais no Concello de Viveiro, co fin de incentivar a apertura de novos establecementos, sexa cal fora a súa actividade.

Coa adopción destas medidas, segundo o acordado co grupo municipal do BNG, o Concello de Viveiro pretende, unha vez máis, impulsar accións concretas en beneficio dos veciños e veciñas encamiñadas á dinamización do mercado laboral.

No caso da ordenanza da taxa por aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos adosados aos edificios e con acceso directo dende a vía pública, cómpre sinalar que a súa elaboración e aprobación deriva do acordo plenario adoptado na sesión do 7 de outubro de 2015, a partir dunha moción de Son Viveiro, que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais.

Viveiro, 31 de marzo de 2016.

A alcaldesa,

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar