DíA DE ROSALíA DE CASTRO

O día 24 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Cultura, Muller e Xuventude, organizará un acto para conmemorar esta data

NOTA DE PRENSA
 
O día 24 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Cultura, Muller e Xuventude, organizará un acto para conmemorar esta data. O acto, que terá lugar no sala multiusos da casa do concello, ás 20:30 horas, iniciarase cunha charla a cargo de Sabela Barcón, profesora do IES María Sarmiento, que versará sobre a vida de Rosalía de Castro. A continuación, terá lugar unha pequena actuación de poesía e música, na que David Bellas, artista, músico e profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, interpretará diversas pezas musicais e na que se lerán poemas da escritora. Así mesmo, ao longo de todo o día, na Biblioteca Municipal repartiranse marcapáxinas cunha fotografía e poema de Rosalía de Castro 
 
Viveiro, 19 de febreiro de 2016. 
 
A Concelleira de Cultura, Muller e Xuventude, 
 
Lara Fernández Fernández-Noriega
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar