O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA AS PROBAS DO CORONAVIRUS A TODOS OS CONSERXES DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, QUE RECIBEN ADEMÁIS FORMACIÓN ESPECÍFICA SOBRE O TEMA

Viveiro, 9 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro realiza estes días probas de detección da Covid-19 a todos os conserxes das instalacións municipais.

En concreto, onte fixéronlle as probas aos conserxes dos centros educativos e do pavillón, con resultado negativo todas elas. Hoxe é a quenda para os conserxes dos centros socioculturais e do concello.

Ademaís, hoxe realizouse unha sesión de formación sobre o coronavirus dirixida aos conserxes das instalacións municipais e os profesores do conservatorio de música, coas pautas e os protocolos que deben manexar.

“Dentro das nosas competencias, temos que tomar todas as medidas posibles para facer fronte á pandemia e limitar os riscos, destacando a receptividade e a boa disposición de todos e todas as traballadoras”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar