O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA 'OBRADOIROS DE MEMORIA' PARA MAIORES NOS CENTROS SOCIAIS DE COVAS E CHAVÍN

Viveiro, 21 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro pon en marcha os “Obradoiros de Memoria” nos Centros Sociais de Covas e Chavín para todos os veciños e veciñas da vila.

A actividade, que se oferta a través da Consellería de Benestar Social, é totalmente gratuíta.

O obxectivo destes Obradoiros de Memoria é atender ás necesidades que xorden nos diferentes centros sociais e parroquias, conformando así o programa de actividades do concello dirixidas ás persoas maiores.

Dende o Concello de Viveiro impulsamos estes obradoiros para atender ás necesidades das persoas maiores, reforzando o envellecemento activo e a prevención do deterioro cognitivo”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Os “Obradoiros de Memoria” desenvolveranse no Centro Social de Covas os martes e xoves de 18:00 a 19:30 horas, e no Centro Social de Chavín os mércores e venres de 17:00 a 18:30 horas.

Os interesados en inscribirse poden facelo directamente nos centros dentro do propio horario da actividade.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar