O CONCELLO DE VIVEIRO MANTÉN UNHA REUNIÓN DE ORGANIZACIÓN COAS RESPONSABLES DOS CENTROS EDUCATIVOS

Viveiro, 7 de setembro de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro de Educación, Emilio Villarmea, mantiveron hoxe unha reunión de organización coas directoras dos colexios de Infantil e Primaria e a directora da escola infantil municipal.

 

Aínda que as competencias en materia de educación son da Xunta de Galicia, o concello encárgase das tarefas de limpeza e do servizo de conserxería, polo que no concello queren unha coordinación constante cos centros.

 

Reforzaremos o servizo de limpeza e desinfección dos centros para reducir o risco de contaxio, estamos a disposición dos centros para comezar o curso nas mellores condicións posibles”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

 

Os conserxes recibirán ademais formación específica sobre temas relacionados co coronavirus.

 

A reunión desta mañá desenvolveuse nun ambiente de máxima colaboración e o concello estará en contacto permanente cos responsables dos centros.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar