FEIRA DE ARTESANÍA

FEIRA DE ARTESANÍA

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE DO 9 AO 18 DE AGOSTO A SÚA FEIRA DE ARTESANÍA

Viveiro, 2 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación da 40ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 9 e 18 de agosto.

A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, celebra o seu 40 aniversario, consolidándose como unha das máis antigas de Galicia.

Haberá decenas de postos, coa presenza de numerosos profesionais da artesanía e nos que haberá obradoiros e demostracións do oficio.

Con motivo dos catro decenios de actividade da feira haberá un acto de inauguración que contará coa colaboración de Carlos Nuevo, Cronista Oficial de Viveiro, e da asociación folclórica Bágoas da Terra.

"Será unha inauguración moi especial, como non pode ser doutro xeito ao alcanzar un fito tan destacado", afirma a alcaldesa María Loureiro. "A Feira de Artesanía leva 40 anos sendo unha referencia indiscutible no sector pola súa calidade e variedade", engade.

Haberá tamén unha exposición sobre a feira realizada con motivo do aniversario na sala traseira do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co obxectivo de poñer en valor a historia do evento.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar