FELICITACIóN CARMEN FERREIRO SOTO TRAS OBTER O TíTULO DE DIRECTORA DE ORQUESTRA SINFóNICA

Como Alcaldesa e en nome de todos os veciños de Viveiro quero felicitar publicamente a Carmen Ferreiro Soto tras obter o título de Directora de Orquestra Sinfónica, na prestixiosa escola de música Royal Schools of Music, coa máxima cualificación.

NOTA DE PRENSA

Como Alcaldesa e en nome de todos os veciños de Viveiro quero felicitar publicamente  a Carmen Ferreiro Soto tras obter o título de Directora de Orquestra Sinfónica, na prestixiosa escola de música Royal Schools of Music, coa máxima cualificación. É unha honra que unha viveirense obteña tan importantes resultados e considero que é unha mostra do bo facer do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, no que Carmen Ferreiro estudou algúns anos de Piano e onde cursou Flauta. Como ex-alumna do centro e sendo xa profesora do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, Carmen Ferreiro foi un dos músicos que actuou durante os actos organizados para celebrar o 30º aniversario do noso conservatorio. Na actualidade dirixe, así mesmo, a Banda de Música do Conservatorio Profesional de Música de Compostela. Por todo isto, a nosa máis sinceira noraboa.

Viveiro, 11 de marzo de 2016.

A alcaldesa,  María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar