FELICITACION IES MARÍA SARMIENTO

Dª MARÍA LOUREIRO GARCÍA, Alcaldesa do Concello de Viveiro, INFORMA

 

Como alcaldesa, en nome de todos os veciños de Viveiro, quero felicitar publicamente ao IES María Sarmiento polo premio provincial Voz Natura-Naturacción, 2017-2018, concedido pola catalogación de arredor de 190 fontes e lavadoiros de Viveiro. Considero que se trata dun proxecto moi interesante, que servirá para pór en valor e protexer esa parte tan importante do noso patrimonio etnográfico; destacando, así mesmo, a intención do centro de darlle continuidade en vindeiras edicións coa catalogación dos municipios limítrofes.  Así, pois, a todos os alumnos e docentes que participaron no proxecto, os nosos parabéns!

 

Viveiro, na data que consta á marxe.

A alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar