08
Agosto
III EDICIÓN VIVEIRO CANTA
O CONCELLO DE VIVEIRO FAI UN BALANCE MOI SATISFACTORIO DA TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE KARAOKE ‘VIVEIRO CANTA’
Viveiro, 8 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da terceira edición do concurso de karaoke ‘Viveiro Canta’, celebrado onte pola noite na praza Maior.
Houbo dúas categorías, unha infantil e outra adulta. Un xurado profesional decidiu os gañadores e gañadoras do certame.
Na categoría infantil, a gañadora foi Inés Mariño Gómez, o segundo Julio Coto Arias, e a terceira Ainara Sánchez Lage. En categoría adultos, a gañadora foi Mónica Puerta Rivas, o segundo Salvador Sesdá García, e o terceiro José Lage.
“Estamos moi satisfeitos pola acollida dos e das participantes, veciños e visitantes; unha cita multitudinaria e moi esperada nas festas de agosto de Viveiro”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fenández-Noriega, que agradece “a todas as persoas que fixeron posible este evento a ao xurado profesional do conservatorio”.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro