19
Agosto
INICIO DAS OBRAS NO PARQUE PERNAS PEÓN
A TENENCIA DE ALCALDÍA DE VIVEIRO INFORMA DO INICIO DAS OBRAS NO PARQUE PERNAS PEÓN PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE E AMPLIAR AS ZONAS VERDES
Os traballos, que terán unha duración aproximada dun mes, suporán un corte de tráfico na avenida Luis Cebreiro
Viveiro, 19 de agosto de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa do inicio das obras no parque Pernas Peón, que servirán para mellorar a accesibilidade e ampliar as zonas verdes con novas plantacións.
Está previsto que as obras duren aproximadamente un mes. Durante este tempo haberá un corte de tráfico na avenida Luis Cebreiro, no paseo marítimo, na parte frontal do parque.
Estas actuacións forman parte dun proxecto de renovación do parque máis amplo, para o que se conseguiu unha subvención de 105.897,25€.
A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Miriam Bermúdez, explica que se van "quitar barreiras arquitectónicas, para mellorar a accesibilidade, e plantaranse máis árbores e arbustos". "Debido aos prazos de execución era necesario comezar a obra canto antes", explica.
"Xa se renovaron previamente os camiños do parque, e tamén se vai permeabilizar a fronteira norte do Parque para crear así un acceso máis fácil desde e cara á praia de Covas", sinala Bermúdez.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro