Matrícula Guarderia 2020-2021

MATRíCULA GUARDERIA 2020-2021

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO NOVO PRAZO DE MATRÍCULA PARA A GARDERÍA MUNICIPAL, QUE SERÁ DO 10 DE XUÑO AO 15 DE XULLO

Viveiro, 21 de maio de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas do novo prazo de matrícula na escola infantil municipal que será desde o día 10 de xuño ao 15 de xullo.

 

En cursos anteriores, a matrícula da gardería municipal adoitaba realizarase no mes de abril. Este ano, como consecuencia da situación actual e atendendo ás restricións derivadas do estado de alarma, o Concello de Viveiro acordou pospoñer este prazo, establecendo inicialmente para a matrícula na gardería municipal o período comprendido entre o 20 de maio e o 20 de xuño.

 

No momento de dar a coñecer este prazo, xa se advertía de que no suposto de producirse unha prórroga do estado de alarma, o prazo para a matrícula na gardería municipal sería tamén prorrogado polo tempo necesario.

 

Tendo en conta que no día de onte se acordou prorrogar o estado de alarma ata o vindeiro 7 de xuño, o Concello de Viveiro acorda establecer o novo periodo de matrícula para a gardería municipal, dende 10 de xuño ao 15 de xullo, advertindo novamente que este prazo podería verse afectado polas posibles prórrogas que poidan aprobarse con respecto ao estado de alarma actual.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Solicitude novo ingreso

 

Solicitude reserva de praza

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar