MEDALLA DE OURO DA CIDADE Á CONFRARÍA DE PESCADORES DE CELEIRO

MEDALLA DE OURO DA CIDADE Á CONFRARÍA DE PESCADORES DE CELEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO ENTREGARÁ A MEDALLA DE OURO DA CIDADE Á CONFRARÍA DE PESCADORES DE CELEIRO O 16 DE DECEMBRO

Viveiro, 27 de novembro de 2023. O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi Leal Cidade de Viveiro á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro o próximo sábado 16 decembro.

A medalla entrégase polo centenario da confraría e o acto, aberto a todos os veciños e veciñas, será ás 12:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o concello, que destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar