NOVA EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO

NOVA EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO

O CONCELLO DE VIVEIRO INAUGURA UNHA NOVA EDICIÓN DA SÚA FEIRA DO LIBRO

Viveiro, 12 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro acolle desde hoxe e ata o xoves a súa Feira do Libro nos Xardíns de Noriega Varela.

A feira está aberta de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas ata o mércores, mentres que o xoves a clausura será ás 14:30 horas, cunha programación para todas as idades, actividades para nenos e as tradicionais sinaturas por parte dos autores e autoras.

A pregoeira foi Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, e a pregoeira infantil Sofiya Insua Evtyukova.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, destacou que a de Viveiro “é unha das feiras máis antigas de Galicia”, ademais de destacar “a honra de ter unha vez máis dúas pregoeiras mulleres, xa que fan falla moitas mulleres na cultura”.

“Esta feira non sería posible sen a presenza e o traballo durante todo o ano dos libreiros e libreiras, profesionais dun sector fundamental na nosa sociedade”, engadiu.

En concreto, os establecementos e entidades participantes nesta Feira do Libro de Viveiro 2024 son: a Libraría Porta Da Vila; Libraría Cartabón; Galgo Azul; Libraría Pedreira; Libraría Lume; Libraría Uróboros; Editorial Canela-Libros Lar; Libraría Aenea; A Gata Tola; Libraría de Rosa-Nobel Boiro; Central Librera Real; Seminario de Estudos Terra de Viveiro, e o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

A programación desta tarde comeza na carpa de actividades co espectáculo musical infantil e familiar ‘A Ramona pequena vai á Lúa’ de Pakolas, tras a que chegará a presentación de ‘Pronto hei de volver’, de Amador Castro, Premio Torrente Ballester, acompañado por Juan Rodríguez, libreiro de O Galgo Azul.

Ás 20:30 horas, presentación do libro ‘Barcos y gentes del mar de A Mariña’, de José Pino, que estará acompañado polo divulgador da cultura marítima galega Emilio Xosé Ínsua e polo editor Pablo Pérez.

Tamén hoxe comezan nas casetas das librarías as sinaturas e os encontros dos lectores e as lectoras cos escritores e escritoras con Inma Soto, que asinou ‘Xela, a superheroina de aldea’, Juan José Abalde, e xa pola tarde, Zhienia Maisak e Perfecto Souto.

Podedes consultar a programación completa aquí: https://www.librarias.org/es/evento/EVE001312


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar