O CONCELLO DE VIVEIRO PARTICIPA EN FITUR

O CONCELLO DE VIVEIRO PARTICIPA EN FITUR

O CONCELLO DE VIVEIRO PARTICIPA EN FITUR POSICIONÁNDOSE COMO UN DESTINO TURÍSTICO GASTRONÓMICO E DE NATUREZA

Viveiro, 25 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro participa esta semana en FITUR, a feira turística de referencia en España, que congrega a profesionais do sector de todo o mundo. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro, Jesús Fernández, representan a Viveiro nesta cita.

Onte mércores, primeira xornada de FITUR, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou nas primeiras reunións "con touroperadores turísticos moi interesados na oferta de natureza e para as familias que ofrece Viveiro".

Hoxe, os representantes do Concello de Viveiro estiveron na presentación da campaña turística da Deputación de Lugo.

Tamén hoxe, a alcaldesa participará na reunión cos municipios participantes no proxecto “Spain Culinary Villages”, no que está incluído Viveiro. Este proxecto inclúe a varios municipios de España, pola calidade dos seus restaurantes e alimentos, co obxectivo de desenvolver o seu turismo gastronómico e sostible.

Concretamente, o Concello de Viveiro aporta ao proxecto o percorrido do restaurante Nito, rexentado pola familia Balseiro dende 1970. O local conta con 2 soles Repsol e foi recoñecido en Madrid Fusión como unha das seis mellores marisquesrías de España.

Na tarde de hoxe, os representantes municipais de Viveiro reuniranse tamén coa revista “Viajar con Hijos”, e manterá unha reunión con “Camiños da Pasión”, que pertence a rede europea da Semana Santa. Viveiro estará ademais na presentación da campaña turística da Mancomunidade da Mariña Lucense.

O venres, o Concello de Viveiro manterá unha reunión coa empresa I-Urban, que traballa no sector turístico e na intelixencia artificial.

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar