PROGRAMACIÓN COMPLETA DO ENTROIDO

PROGRAMACIÓN COMPLETA DO ENTROIDO

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA A PROGRAMACIÓN COMPLETA DO ENTROIDO, COMEZANDO COAS ALPUXARRADAS O 1 DE MARZO

Viveiro, 21 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro presenta a súa programación completa para o Entroido 2025, que comezará o 1 de marzo co tradicional certame de Alpuxarradas.

Ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz celebraranse as Alpuxarradas como todos os anos, sendo necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 982560162.

As entradas para asistir ao evento, cun custe de 2€, poden ser reservadas dende o día 25 ata o 28 de febreiro de chamando ao mesmo número ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es

Nos días seguintes haberá diversas actividades, ata o chegar o martes 4 de marzo ao desfile de entroido e o concurso de disfraces. O prazo de inscrición para o desfile está aberto ata o 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello.

Finalmente, a programación rematará o mércores 5 de marzo co Enterro da Parrocha infantil ás 18:30 na rúa Pastor Díaz e o Enterro da Sardiña ás 21:00 na praciña da Herba.

A Concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, convida a toda a veciñanza "a asistir un ano máis ás celebracións do noso Antroido, unhas datas moi especiais para Viveiro que estarán cheas de actividades e diversión".

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar