PUBLICACIóN DE INFORMACIóN NO TABOLEIRO.

Puntuacións do proceso para a selección de persoal laboral temporal para prestar servizos como auxiliar de recepción e puntuacións do proceso para a selección de un peón do servizo de obras (75% de xornada) que prestará servizos temporais

NOTA DE PRENSA

Seguindo indicacións de María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, por medio do presente infórmase que no día de hoxe se publicaron no taboleiro e na web municipal a seguinte información:

- puntuacións do proceso para a selección de persoal laboral temporal para prestar servizos como auxiliar de recepción (xornada parcial) na piscina municipal e convocatoria dos aspirantes que superaron a puntuación mínima de 5 puntos para realizar a entrevista, no concello, o luns 29 de febreiro de 2016.

- puntuacións do proceso para a selección de un peón do servizo de obras (75% de xornada) que prestará servizos temporais, mediante contrato de relevo, no Concello de Viveiro e citación dos aspirantes que non acreditaron o nivel de coñecemento do idioma galego esixido na Base Específica 6 (Celga 2) para que comparezan na casa do concello, o luns 29 de febreiro de 2016,para realizar a proba de galego.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar