VIVEIRO EN NOVATUR

Os folletos promocionais do Concello de Viveiro serán distribuídos en Navatur, que se celebrará en Pamplona do 22 ao 28 de febreiro de 2016

Entre as accións desenvoltas no marco do proxecto que se está levando a cabo para a promoción turística do Concello de Viveiro, cómpre incluír a presenza do noso municipio nas feiras máis importantes do sector que terán lugar nos vindeiros meses. Grazas ás xestións realizadas con Turgalicia, os folletos promocionais do Concello de Viveiro serán distribuídos en Navatur, que se celebrará en Pamplona do 22 ao 28 de febreiro de 2016; en Sevatur, en San Sebastián do 14 ao 16 de marzo de 2016; en ITB, en Berlín do 9 ao 13 de marzo de 2016 -na que estará presente por primeira vez-; e en B-Travel, en Barcelona do 15 ao 17 de abril de 2016.

Cómpre anunciar, así mesmo, que nun futuro próximo o Sr. Alastair Sawday´s, fundador da empresa homónima, visitará Viveiro para coñecer de primeira man os nosos establecementos hostaleiros e elaborar, se é o caso, un das súas crónicas sobre lugares especiais nos que aloxarse; estas crónicas contan cun gran recoñecemento e adoitan editarse en xornais, publicacións especializadas e revistas de viaxes. A día de hoxe non se ten constancia da data exacta na que o Sr. Alastair Sawday’s viaxará a Viveiro prevéndose, en todo caso, que sexa nun prazo máximo de dous meses. Esta visita, que será posible grazas aos contactos establecidos pola Concelleira de Turismo durante as súas visitas á Worl Travel Market, de Londres, e á Feira Intur, de Valladolid, permitirá que Viveiro se abra ao mercado británico.

            Viveiro, 16 de febreiro de 2016.

            A Concelleira de Turismo,

 

            Asdo. Marisol Rey Yáñez

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar