NOTAS DE PRENSA
-
11
Marzo
FELICITACIóN CARMEN FERREIRO SOTO TRAS OBTER O TíTULO DE DIRECTORA DE ORQUESTRA SINFóNICA
Como Alcaldesa e en nome de todos os veciños de Viveiro quero felicitar publicamente a Carmen Ferreiro Soto tras obter o título de Directora de Orquestra Sinfónica, na prestixiosa escola de música Royal Schools of Music, coa máxima cualificación. Máis -
10
Marzo
SUMULACRO DE INCENDIO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MúSICA DE VIVEIRO
No día de onte, 9 de marzo de 2016, ás 18:00 horas, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, realizouse un simulacro de incendio para adestrar ao persoal e habitualos ante posibles situacións de emerxencia. Máis -
04
Marzo
FELICITACIóNS A CRISTóBAL RODRíGUEZ POLOS EXCELENTES RESULTADOS OBTIDOS NA COPA DO MUNDO DE PENTATLóN MODERNO, CELEBRADA NO CAIRO (EXIPTO)
Cristóbal terminou no posto 29 e conseguiu posicionarse como mellor pentatleta español na primeira Copa do Mundo da temporada, na que demostrou, unha vez máis, que é un deportista excepcional do que todos, como viveirenses, nos sentimos orgullosos. Máis -
01
Marzo
PUBLICACIóN DE INFORMACIóN NO TABOLEIRO.
Puntuacións do proceso para a selección de persoal laboral temporal para prestar servizos como auxiliar de recepción e puntuacións do proceso para a selección de un peón do servizo de obras (75% de xornada) que prestará servizos temporais Máis -
25
Febreiro
TRáMITES LEVADOS A CABO POLO CONCELLO DE VIVEIRO PARA SOLVENTAR AS DEFICIENCIAS DETECTADAS NO INMOBLE SITO NA PRAZA MAIOR, 9
O 20 de xaneiro de 2014 incoouse un expediente de orde de execución para a limpeza do canalón do edificio, consolidación e apuntalamento de cuberta e retirada de pezas soltas con risco de caída á vía pública. Este expediente finalizou con Resolución de Alcaldía de data 15 de xaneiro de 2015 ordenando á Axencia madrileña para a tutela de adultos (como titores da propietaria) a execución de varias actuacións. Máis -
25
Febreiro
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUí
O Concello de Viveiro súmase á campaña desenvolta pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a Delegación Saharauí en Galicia Máis -
19
Febreiro
DíA DE ROSALíA DE CASTRO
O día 24 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Cultura, Muller e Xuventude, organizará un acto para conmemorar esta data Máis -
16
Febreiro
VIVEIRO EN NOVATUR
Os folletos promocionais do Concello de Viveiro serán distribuídos en Navatur, que se celebrará en Pamplona do 22 ao 28 de febreiro de 2016 Máis -
25
Xaneiro
CESIóN AO CONCELLO DE VIVEIRO DOS TERREOS DE LAVANDEIRAS-LODEIRO
Dª. María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, e Dª. Luis Fernando Jácome López, Delegado de Economía e Facenda de Lugo, actuando en nome e representación do Estado Español, asinaron o documento administrativo de cesión Máis -
14
Xaneiro
SELECCIÓN PERSOAL TEMPORAL PISCINA DE VIVEIRO
O Concello de Viveiro pon en coñecemento de tódolos interesados que nos vindeiros días publicarase no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prestar servizos como auxiliar de recepción (a tempo parcial) na piscina municipal do Concello de Viveiro. Máis