NOTAS DE PRENSA
-
04
Decembro
-
26
Novembro
CONCERTO SANTA ICíA 2016
Sábado 26 de novembro de 2016, ás 21.00 h. no Teatro Pastor Díaz Concerto de Santa Icía, a cargo da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro dirixida por D. Carlos Timiraos Timiraos. Entrada libre ata completar aforo. Máis -
08
Novembro
EXPOSICIÓN DE PINTURA NA SALA DE EXPOSICIÓNS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZADA POLO MOVEMENTO VECIÑAL “SALVEMOS A PRAIA DE COVAS”
A exposición permanecerá aberta ata o 21 de novembro e pode visitarse de luns a venres, de 18:30 a 20:00 horas, e os sábados, de 11:30 a 13:30 horas. Máis -
31
Outubro
VISITA DA VALEDORA DO POBO A VIVEIRO
A institución do Valedor do Pobo iniciou hai un ano un programa de achegamento á cidadanía que levou á súa titular, á Valedora do Pobo, a visitar a diferentes localidades de Galicia coa idea de ofrecer e dar a coñecer os seus servizos á cidadanía e poder manter contacto directo coas persoas. Máis -
12
Agosto
LISTAS DE ADMITIDOS A PRAZAS DE CONSERXE NO CONCELLO DE VIVEIRO
Citase a os aspirantes para que conparezan o xoves 18 de agosto de 2016 as 10 horas e 30 minutos no Conservatorio de Música do Concello de Viveiro (Travesía da Mariña, s/n 27850 Viveiro (Lugo)), para realizar as probas correspondentes a fase de oposición. Nota: Documentación dentro do apartado de Emprego en esta paxina. Modificación data proba de Galego e entrevista para o personal seleccionado das prazas de conserxes do Concello de Viveiro. Pasase o día 1 de setembro a data das probas as dez horas e trinta minutos, na Casa do Concello. ( documento anexado no apartado de Emprego desta paxina) Máis -
17
Xullo
PRIMEIRA SEMANA DA LUDOTECA MUNICIPAL
Esta primeira semana serviu para coñecer aos nenos, organizar os grupos e coñecer as súas preferencias. O pasado luns 11 de xullo de 2016 deu comezo o servizo municipal de ludoteca, que este ano se instalou no pavillón do IES Vilar Ponte, para prestar este servizo durante os vindeiros dous meses, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas, co que se amplía en unha hora o horario de 2015 (e que, á súa vez, xa se incrementara en unha hora máis con respecto ao anos anteriores); ampliando o horario deste servizo, o Concello pretende facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. Máis -
15
Xullo
RECUPERACIóN PRAIA DE COVAS
O Concello de Viveiro anima a todos os veciños a participar no acto que terá lugar o domingo 17 de xullo para salvar a praia de Covas. O Concello de Viveiro colabora mediante recursos humanos e materiais no acto organizado pola Asociación Salvemos da Praia de Covas, que terá lugar o 17 de xullo de 2016, pola mañá, para crear un gran cadea humana co fin de solicitar que se tomen as medidas necesarias para salvar este areal. Máis -
27
Maio
ROLDA DE PRENSA: TALLER PRIMEIROS AUXILIOS
Seguindo indicacións de María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, por medio do presente convócase aos medios de comunicación á rolda de prensa que terá lugar o vindeiro venres 27 de maio de 2016, ás 11:00 horas, na sala de xuntas da casa do concello, para presentar o Taller de Primeiros Auxilios, organizado pola Concellaría de Muller, que terá lugar os días 11 e 12 de xuño de 2013 Máis -
02
Abril
COMISIóN INFORMATIVA DE FACENDA
Na orde do día da Comisión Informativa de Facenda, convocada para mañá, 1 de abril de 2016, inclúense a modificación de ordenanzas fiscais e a imposición e ordenación da taxa por aproveitamento especial da vía pública con caixeiros automáticos. Máis -
11
Marzo
FELICITACIóN CARMEN FERREIRO SOTO TRAS OBTER O TíTULO DE DIRECTORA DE ORQUESTRA SINFóNICA
Como Alcaldesa e en nome de todos os veciños de Viveiro quero felicitar publicamente a Carmen Ferreiro Soto tras obter o título de Directora de Orquestra Sinfónica, na prestixiosa escola de música Royal Schools of Music, coa máxima cualificación. Máis