‘A FESTA DAS CORES

‘A FESTA DAS CORES

O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA ESTE DOMINGO ‘A FESTA DAS CORES’, UNHA ACTIVIDADE FAMILIAR PARA CELEBRAR A DIVERSIDADE

Viveiro, 1 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro organiza este domingo, día 4 de setembro, ‘A Festa das Cores’, unha actividade familiar para celebrar a diversidade e a liberdade de ser o que un queira ser.

Encadrada dentro da iniciativa ‘Viveiro con Orgullo’ e coa colaboración de Eureka, trátase dunha actividade interxeracional e gratuíta nos xardíns do Pazo da Misericordia, o domingo pola tarde desde as 16:30 ás 19:30 horas.

Hai que inscribirse previamente enviando un whatsapp cos datos ao teléfono 654 208333, xa que é necesario un rexistro do número de participantes nas diferentes actividades previstas.

“Unha cita interxeracional para celebrar a diversidade sexual ou cultural con actividades para nenos e nenas; desde o concello queremos concienciar a través dunha festa na que as diferentes cores se unan para crear unha máis grande, que é a da felicidade”, explica Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, informarase con antelación dos cambios ou dun aprazamento da festa.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar