‘COIDADOS PORTA A PORTA’

‘COIDADOS PORTA A PORTA’

UNHA UNIDADE MÓBIL DO PROGRAMA ‘COIDADOS PORTA A PORTA’ DA XUNTA, COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE VIVEIRO, ESTARÁ A PRÓXIMA SEMANA NOS XARDÍNS NORIEGA VARELA

Viveiro, 21 de abril de 2022. Unha unidade móbil do programa “Coidados Porta a Porta” da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Viveiro, estará os días 25, 26 e 27 nos Xardíns Noriega Varela prestando, de xeito gratuíto, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores.

As unidades móbiles do programa “Coidados Porta a Porta” están percorrendo diferentes concellos galegos prestando, preferentemente baixo cita previa, servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

As persoas interesadas en facer uso deste servizo poden solicitar máis información ou cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Triptico

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar