‘COMPRENDER E APOIAR A NENAS E NENOS NO ESPECTRO DO AUTISMO

‘COMPRENDER E APOIAR A NENAS E NENOS NO ESPECTRO DO AUTISMO

O CONCELLO DE VIVEIRO FAI UN BALANCE MOI SATISFACTORIO DO CURSO FORMATIVO ‘COMPRENDER E APOIAR A NENAS E NENOS NO ESPECTRO DO AUTISMO’

Viveiro, 7 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro aplaude o éxito da xornada formativa ‘Comprender e apoiar a nenas e nenos no espectro do autismo’, impartida por Marlene Horna Castiñeiras este pasado sábado coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Valoramos moi positivamente a participación e asistencia de profesionais dos diversos Centros Educativos do municipio, así como de familias e persoas procedentes non só de Viveiro, senón tamén doutros Concellos do territorio galego, interesados nesta temática”, afirma Victoria Baamonde Gómez, concelleira de Benestar Social e organizadora do evento.

O público destacou o ameno que resultou a xornada, cargada de exemplos prácticos que facilitaron a asimilación de pautas de intervención, e especialmente a relevancia e gratitude ó Concello de Viveiro por ofertar gratuitamente formación por parte dunha persoa tan recoñecida no mundo da educación e a psicoloxía como Marlene Horna Castiñeiras, autora do libro ‘Nenos e nenas no Espectro do Autismo: comprensión e estratexias prácticas de apoio educativo’.

Para min foi un pracer formar parte da iniciativa do Concello de Viveiro que ofreceu unha oportunidade máis a educadores, familias e demais veciños e veciñas para coñecer mellor a parte dos seus concidadáns, as persoas no espectro do autismo. Agradezo a boa organización do evento, a alta afluencia de público e, especialmente, a súa participación activa durante toda a xornada, o que sen dúbida nos enriqueceu a todos”, afirmou Marlene Horna.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar