‘EN NEGRO

‘EN NEGRO

O CONCELLO DE VIVEIRO ADHÍRESE UN ANO MÁIS Á CAMPAÑA ‘EN NEGRO’ CUN PROGRAMA CENTRADO NA EDUCACIÓN PARA CONCIENCIAR E DAR VISIBILIDADE Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Viveiro, 19 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro adhírese un ano máis á campaña ‘En negro contra as violencias’ e ten programadas diferentes actividades para concienciar á veciñanza e dar visibilidade á loita contra a violencia machista na semana do 25N.

 

Entre as actividades, destaca a ‘Marcha nocturna En Negro contra as violencias’ do próximo mércores, 24 de novembro, con saída desde Os Castelos (Covas) ás 21:00 horas e chegada á Praza Maior, onde se lerá un manifesto reivindicativo.

 

O propio día 25, está convocada unha concentración silenciosa ‘En Negro’, ás 12:00 horas na praza Maior, onde se realizará a lectura do manifesto institucional. Tamén o xoves, o Teatro Pastor Díaz será o escenario da obra teatral ‘Tabú’, de Carmen Conde (20:30 horas), que fala sobre a sexualidade das mulleres na Galicia rural.

 

Este ano, a programación da un xiro e centramos o noso traballo na educación, con actividades en colaboración cos centros de ensino; decidimos crear unha Aula-Obradoiro que comezará en xaneiro para educar na boa sexualidade”, explica Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller.

 

O concello creará tamén un ‘Clube de Lectura en Feminino’, desenvolverá unha actividade que engloba o eslogan ‘Viveiro de igual a igual’ coas dúas rapazas de Viveiro Surf Family, e porá en marcha unha actividade de asesoramento e terapia familiar.

 

Queremos tecer redes entre todas as entidades, asociacións e centros educativos para aportar ferramentas aos mozos e mozas que lles permitan crecer en igualdade, así como afondar na prevención e acompañamento ás mulleres que son vítimas, como xa facemos todo o ano desde o Centro de Información á Muller”, engade Fernández-Noriega.

 

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, incide nestes obxectivos, “facendo fincapé na educación, sen esquecer por suposto a necesidade de concienciar e visibilizar esta lacra social da violencia de xénero: temos que estar preto das vítimas e axudalas, aumentando os recursos para rematar o antes posible esta loita”.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar